Etapas

Página Principal

Degrada (Lugo) - Puerto de Ancares

Puerto deAncares - Puerto del Trayeto

Puerto del Trayeto - Puerto de Leitariegos

Puerto de Leitariegos - Puerto de Somiedo

Puerto de Somiedo - Puerto del la Ventana
Puerto de la Ventana - Puerto de Pajares
Puerto de Pajares - Puerto de Piedrafita
Puerto de Piedrafita - Puerto de San Isidro
Puerto de San Isidro - Puerto de Tarna
Puerto de Tarna - Puerto del Pontón
Puerto del Pontón - Puerto de Pandetrave
Puerto de Pndetrave - Puerto de San Glorio
Puerto de San Glorio-Puerto Piedras Luengas

Puerto Piedras Luengas - Reinosa (Cantabria)

 

Click en los iconos para ver y descargar...

Tríptico pdf 1

Tríptico pdf 2

Vista General 1

Vista General 2

 

 

 

 

HH

Cartel Transcantábrica

 

CARTEL PATROCINADORES TRANSCANTABRICA


NORMAS DE PARTICIPACIÓN:

 

A actividade denominada “Transcantábrica” está deseñada para poder realizala en trece Etapas que se poderán levar a cabo pernoctando en altura ou baixando e percorrendo os vales que permitan acceder de novo ao cordal. A súa lonxitude, e sobre todo as circunstancias que se den no desenrolo da mesma, poden levar a ter que sufrir modificacións no seu deseño, polo que as presentes normas tamén poderán rexistrar algunhas variacións.    

As Normas Xerais para a participación nesta actividade son as mesmas que rixen para calquer actividade do club, baseadas nos Estatutos e no Regulamento de Réxime Interior. A continuación sinalamos as específicas para os participantes nesta actividade:

 

Aqueles socios que participen en todas, ou todas menos unha dás 13 etapas,          obterán un agasallo conmemorativo que faga alusión a este evento.

 

Acéptase o poder “recuperar”  etapas  realizadas, dúas como máximo, de xeito particular, máis debe comunicarse este feito con anteroridade á Xunta Directiva.

 

Teñen a mesma consideración para o premio tanto os montañeiros que realicen os percorridos facendo travesía, ou facendo as etapas  baixando a pernoctar. Tampouco é obrigado que se realicen  utilizando sempre  a mesma forma.

 

Considérarase “Etapa realizada” aquela que cumpra co programado polo responsable da actividade, sempre en función das circunstancias.

 

Recomendase firmemente obter a Licenza dá FEDME para poder participar nestas actividades.


 

BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO:                                 

                             

- Pódense presentar tódolos socios que participen en algunha das etapas.

Como máximo se presentarán 4 fotografías por etapa, nun prazo non superior a tres semanas de ter rematado a etapa.

 

- As 20 fotografías  seleccionadas por un xurado serán  expostas na sala “Punto Xóven” de Vigo na rúa López de Neira, nº 27.

 

- De cada exposición se escollerán dúas fotografías que pasarán a mostra final, de onde sairán as  tres fotografías premiadas.

 

- Os autores poden presentar o seu traballo, sen retocar, dás seguintes formas:

 

EN PAPEL; tamaño 30x40 en cor ou branco e negro. Neste caso o revelado se fará en Fototiendas, na Praza Elíptica, planta 0 local 6, de Vigo. Onde os farán un desconto do 15% co carnet do club. As fotos se entregarán no club, dentro dun sobre pechado e en cada unha delas, no dorso, figurará o título da obra e o selo da tenda. No exterior do sobre figurará, xunto co nome e apelidos do autor,  o título:  CONCURSO TRANSCANTÁBRICA.

 

EN CD; Neste caso, e si son seleccionadas polo xurado, a organización se pondrá en contacto co autor, e se este esta de acordo cos gastos do revelado, ela mesma se encargará de realizalo. Os CDs se entregarán no club,  sen rotular, dentro dun sobre pechado onde sí figurará o nome e apelidos do autor e o título: CONCURSO TRANSCANTÁBRICA.

 

- Unha vez rematada cada exposición as obras serán devoltas ós respectivos autores, agás as seleccionadas para a exposición final.

 

- Nas obras expostas indicarase o título e o nome do autor.

- Cada autor só poderá recibir un premio.

 

             Premios:

                                     1º Premio: un obsequio por valor de 300€

                                     2º Premio: un obsequio por valor de 150€

                                     3º Premio: un trofeo.

 

  A participación no concurso implica a aceptación destas Bases.

 

                                                                                            A XUNTA DIRECTIVA

VOLVER

© Copyright Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia

ARRIBA