No contorno de Vigo, temos unha serie de
montes que por pequenos e de pouca sona, non son visitados máis que por
algúns “andacamiños” que calquera elevación por pequena que sexa, non pode
pasar sin ser visitada por estes impenitentes camiñantes. Deste xeito
descúbrense verdadeiras xoias paisaxísticas e que queremos dar a coñecer por
medio dunha “Guía de saídas de mañá” e que poderás recoller no club, así
como ver algunhas fotos do percorrido para acabar de animarte a facélo canda
teñas unha mañan libre.
Febreiro 2004:
esta sección naceu coa
intención de facilitar os nosos socios percorridos cercanos a nosa cidade,
recoñecidos e descritos polo socio de Peña Trevinca, Pepiño Costas; e que por proximidade non son
habituáis nas saídas programadas polo Club. A idea primitiva era que cada
quen collese a guía e se botara a camiñar, pero ultimamente estase formando
un grupo de mañanceiros, ós que acompaña Pepiño os sábados e fan estes
itinerarios. Si estás interesado en incorporarte, avísanos.
*Aquí vemos a
Pepiño Costas no cume do Facho de Mougás, cecáis argallando
algún dos seus contos alusivo ó percorrido.

*Disfruta de os Nosos
Montes e non deixes de ter en conta os consellos que
podes atopar no seguinte enlace:
Sistema
MIDE