Dende agora, imos a
introducir paulatinamente un xeito de avaliar as saídas cun método
(M.I.D.E.)
desenrolado por Protección Civil do Governo de Aragón e a Federación
Aragonesa de Montañismo no marco da
campaña “Montañas para Vivirlas Seguro. Este método valora e expresa as exixencias
técnicas e físicas dos percorridos, co obxectivo de unificar as
apreciacións sobre a dificultade das excursións para permitir a cada
practicante unha mellor elección. Para valorar unha excursión ou actividade,
avalianse catro parámetros cunha escala de 1 a 5:
MEDIO: Severidade do medio natural -
ICONO: Silueta de montaña con signo de admiración.
ITINERARIO: Orientación no medio -
ICONO: Agulla de brúxola e N de punto cardinal.
DESPRAZAMENTO: Dificultade no
desprazamento - ICONO: Pegada de bota cunha frecha.
ESFORZO: Cantidade de esforzo necesario -
ICONO: Silueta de montaña con corazon latendo.
Cada parámetro recolle cinco factores para
determina-la dificultade:
A súa vez, cada parámetro escalar, ten
unha subdivisión de factores co fin de acercar o máximo posible o
análise do grao avaliado. Temos no Club un “Manual de Procedimientos de
M.I.D.E.” para todos aqueles que teñan interés en coñecer este xeito de
evaliación.
SEVERIDADE DO MEDIO
1.- O medio non está exento de riscos.
2.- Hai máis dun factor de risco.
3.- Hai varios factores de risco.
4.- Hai bastantes factores de risco.
5.- Hai muitos factores de risco.
ORIENTACIÓN NO ITINERARIO
1.- Camiños e cruces ben definidos.
2.- Sendas ou sinalización que indica
continuidade.
3.-Esixe identificacion de accidentes
xeográficos e de puntos cardinais.
4.- Esixe camiñar fora de traza.
5.- O camiñar é interrunpido por
obstaculos que hai que bordear.
DIFICULTADE NO DESPRAZAMENTO
1.- Marcha por superficie lisa.
2.- Marcha por camiños de ferradura.
3.- Marcha por sendas escalonadas ou
irregulares.
4.- É preciso o uso de mans para mater o
equilibrio.
5.- Require o uso das mans para a
progresión.
CANTIDADE DE ESFORZO
1.- Ata unha hora de marcha efectiva..
2.- De 1 a 3 horas de marcha efectiva.
3.- De 3 a 6 horas de marcha efectiva.
4.- De 6 a 10 horas de marcha efectiva
5.- Máis de 10 horas de marcha efectiva
Ata aqui unha sinopse
do método para sinalar as dificultades das actividades e para a próxima
circular incluiremos os iconos coa graduación escalar basada no sistema
M.I.D.E.