Contenido

Página Principal

Actividades montaña
Actividades senderismo
Actividades sociales
Actividades escalada

Actividades esquí

 

 

 

 

 

 

Actividades Infantiles

 

Estamos na mellor época do ano para camiñar e gozar dos nosos montes, onde os nosos pequenos andaríns seguen demostrando ter madeira de auténticos montañeiros pero non só se conforman con camiñar senón que queren máis actividades e para iso preparamos as xornadas ambientais.


III Xornadas Medioambientais

 

Sábado 7 de Maio

 

Empezaremos o sábado ás 17:30 no club cunha charla proxección: " A vida das abellas" a cargo de D. Emilio García Rodríguez, da asociación de apicultores da provincia de Pontevedra, e tamén nos  dará outra charla sobre produtos apícolas, con mostra de degustación, a cargo de Dona Beatriz Ríos Cebreiros membro do consello regulador I.X.P. Mel de Galicia.

 

Domingo 8 de Maio

 

Visitaremos a cidade das abellas, centro de educación ambiental, no cal os nenos han facer diferentes actividades apícolas, mentres os pais levaremos a cabo unha camiñada polas beiras de río Lérez. Sairase ás 9 da mañá en coches particulares desde o Concheiro e ás 9;30 desde o pavillón de deportes de Pontevedra enfronte do pazo da cultura. En caso de mal tempo a actividade realizarase igualmente, pois os nenos estarán a cuberto en todo momento e tamén teremos unha zona cuberta para comer todos xuntos.

 


Costa da Morte

 

Domingo 29 de Maio

 

Seguimos co noso proxecto de percorrer toda a costa galega e esta vez tócanos ir desde Corme até Ponteceso. Será un percorrido fácil e apto para todas as idades, e a bo seguro que nesta saída, si nos poderemos dar un chapuzón nalgunha das praias que cruzaremos.
 


Cartel do calendario de actividades previsto para o ano 2011

 

 Se tes nenos, esta é unha boa alternativa para pasar o día xuntos e gozar da Natureza

VOLVER

© Copyright Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia

ARRIBA